MANUEL REBOLLAR
Manuel Rebollar Martínez é un histórico director de grandes bandas de música. Tan grande foi a súa figura no seu tempo, que aínda hoxe se lle lembra nalgúns dos lugares nos que dirixiu as súas bandas como Ortigueira, Cee ou Cuntis.
Nacido en Ortigueira, Manuel Rebollar recibiu clases prácticas en varios instrumentos e completou a súa formación cunha verdadeira educación teórica. Ademais, acompañaba as súas habilidades instrumentais cun fino oído para poder calibrar as harmonías orquestrais.
Durante a segunda e terceira década do século XX, Manuel Rebollar dirixiu moitas das agrupacións musicais que se formaron na súa comarca. Así, ademais de facerse cargo da banda do seu pai cando este se retirou a mediados dos anos dez, dirixiu o Orfeón e a Rondalla do Centro Artístico Ortigueirés e o Coro Parroquial de Ortigueira. Durante os máis de vinte anos que estivo á fronte das diferentes agrupacións musicais da comarca ortegana tamén tivo tempo para compoñer algunhas partituras, entre as que se poden citar "Terra dourada" ou "Por la calle".
En 1927, Manuel Rebollar deixa a súa terra para ir en busca de novos retos. O seu novo destino vai ser a Banda de Música de Cee. Dita formación non tiña a experiencia da que deixaba atrás nin estaba formada por un grupo tan grande, pero dispoñía dunhas persoas entusiastas que desde 1925 foran dirixidas por Sancristías. Manuel Rebollar pasará desde entón a ser un máis entre os ceenses. Xogaba ao xadrez no Café de Ramón e daba longos paseos pola localidade nos que adoitaba atoparse con algúns dos seus veciños cos que comentaba cuestións sobre música e moitos outros ámbitos.
O pobo estaba ilusionado co seu novo director e quixo que o proxecto da súa agrupación musical perdurase, polo que acordaron formalizar unha comisión formada por 6 ou 7 membros que se encargarían de administrar todos os asuntos referentes á Banda de Música. A nova banda estivo composta por máis de 30 músicos. Un ano de ensaios foi suficiente para afinar as capacidades dos novos músicos e facer que todos eles soasen como un único instrumento. Recoñecíase a súa calidade en todos os lugares nos que a banda era chamada para amenizar festas, romarías ou calquera certame musical, xa fora en Santiago, en Ferrol ou en calquera outra vila ou cidade. A banda de Rebollar tiña no seu amplo repertorio obras dos máis diversos compositores, pero tamén algunhas do seu propio director. De feito, durante o seu periplo polas terras da Costa da Morte, seguiu agregando algunhas composicións máis á súa colección, como foi o caso do pasodobre "De Toba a Cee".
A actividade da banda empezou a declinar coa Guerra Civil e en 1939–1940 o goberno municipal decidiu cesalo como director. A extinción do contrato non amedrentou ao mestre Rebollar, que permaneceu no seu posto a pesar de non obter ningún tipo de remuneración. A súa perseveranza e obstinación eran proverbiais entre os seus veciños. Ademais, como os instrumentos eran propiedade dos músicos e da comisión xestora da banda, os ensaios puideron continuar aínda que, para iso, os músicos deberon trasladarse á casa dun dos seus membros, ao clausurarlles o alcalde o local. Desde entón, a presión sobre a persoa do director empezou a facerse evidente, polo que tivo que tratar de conseguir outros empregos remunerados, ben facendo contratos de compravenda, ben compoñendo partituras. Esta situación foi tan incómoda, que ao final decidiu volver á súa terra.

Neste sentido, hoxe coma onte, o nome de Manuel Rebollar volve soar entre os veciños dos pobos nos que o viron ensaiar e interpretar a súa música durante as súas festas e romarías. Por iso é polo que tamén a Asociación Cultural Amigos da Banda de Música de Cee quixese promover desde o ano 2011 o Memorial Manuel Rebollar coa finalidade de reivindicar ao mestre e de fomentar moitas outras facetas culturais a través do seu recordo. |
I Memorial Manuel Rebollar2011
III Memorial Manuel Rebollar2013
V Memorial Manuel Rebollar2015
VII Memorial Manuel Rebollar2017
|
II Memorial Manuel Rebollar2012
IV Memorial Manuel Rebollar2014
VI Memorial Manuel Rebollar2016
VIII Memorial Manuel Rebollar2018
|
2019
- Concerto de Bandas de Música coa participación da Banda de Música Cultural de Teo, a Unión Musical de Meaño e a Banda da Escola de Música de Cee.
- Concerto escenificado da Ópera Carmen por parte da Camerata Lírica de España.
- Actuación da Agrupación Musical Añoranza de Ribadumia.
ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DA BANDA DE MÚSICA DE CEE
Copyright 2021